Libro de visitas

PARTITURA

MARIA ISABEL CASTRO BARREIRO | 23.08.2016

HAY ALGUNHA MANEIRA DE CONSEGUIR A PARTITURA DE OS VIDEOS QUE TEDES EN CANCIONEIROS.
SAUDOS MARIBEL

Re: PARTITURA

Nuria Mª Núñez | 28.08.2016

Ola Isabel, se necesitas algunha partitura envíocha persoalmente a través do mail que aparece na web: xanostesaqui@gmail.com

Parabéns

Iago | 18.06.2016

Esta páxina web ofrece dunha maneira sinxela e humilde o cantoral litúrxico en galego. Precisamos dunha gran pastoral en lingua galega. Quérovos felicitar, porque facedes un bo servizo ao pobo de Deus.

Re: Parabéns

Nuria Mª Núñez | 28.08.2016

Graciñas, Iago, vou facendo aos poucos, pero teño tanto por facer que parece que non se avanza. A ver se conseguimos facer un encontro e renovar o cancioneiro galego entre todos.

Parabens.

maria isabel Castro | 10.04.2016

Fiel seguidora da vosa paxina. A nos sírvenos para escoitar as cancions , son preciosas todas elas.Parabens e a seguir ca labor que facedes.Gracias

Re: Parabens.

Nuria Mª Núñez | 28.08.2016

Graciñas, Isabel, axuda moito saber que se traballa e serve para todos ;)

Parabéns

Eduardo Rguez. Basanta | 01.02.2016

Darvos as gracias pola labor que estades a facer, que sirve de inspiración a outros coros, xuntanzas...
Parabens desde o coro Louvanzas Novas de Xove (Lugo)

Re: Parabéns

Nuria M. Núñez | 15.03.2016

Graciñas a vós por sumarvos a esta andaina.

Good info

Pharmf705 | 07.07.2014

Very nice site!

Re: Good info

N | 21.08.2014

Thank you. Greetings from Spain.

From where you write to us?

1 | 2 | 3 | 4 | 5 >>
Nuevo comentario

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.