Noso Pai Galego (a)

 

 

NOSO PAI (GALEGO)

No camiño do amor

sementaremos todos nós

lumieiriñas de esperanza e liberdade.

 

Xesús quero o teu perdón

e sempre buscar con paixón

a irmandade que nos une a Ti, Señor.

 

NOSO PAI,en Ti cremos,

NOSO PAI,, oferecemos,

NOSO PAI,, as nosas mans

De irmáns.

 

- Xunta o mar hoxe escoitei,

a  túa voz que me chamou,

que me pediu que me entregase

ós meus irmáns.

 

Hoxe esa voz me transformou,

a miña vida xa cambiou,

por iso  só penso , Senhor,

en repetirche.

 

-Cando vaia a outros lugares

terei eu que abandoar

miña familia e meus amigos

por seguirte.

 

 Pero sei que así algún día

amosarei a túa verdá

 ó meu irmán e  canda el 

eu  repetirche…

 

---------------------------------------------------------------

NOSO PAI (GALEGO)

DO

No camiño do amor

       LAm

sementaremos todos nós

                 FA

lumieiriñas de esperanza 

             SOL

e liberdade.

 

DO

Xesús quero o teu perdón,

                    LAm

e sempre buscar con paixón

                 FA

a irmandade que nos une 

                         SOL

a Ti, Señor.

 

 

- Xunta o mar, hoxe escoitei,

a  túa voz que me chamou,

que me pediu que me entregase

ós meus irmáns.

 

Hoxe esa voz me transformou,

a miña vida xa  cambiou,

por iso  só penso , Senhor,

en repetirche.

 

DO

NOSO PAI,en Ti cremos,

LAm

NOSO PAI,, oferecemos,

FA

NOSO PAI,, as nosas mans

                 SOL

De irmáns.

 

-Cando vaia a outros lugares

terei eu que abandoar

miña familia e meus amigos

por seguirte.

 Pero sei que así algún día

amosaréi a túa verdá

 ó meu irmán e  canda el 

eu  repetirche…

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.