AXUNTADOS Á TÚA MESA (m)
AXUNTADOS Á TÚA MESA
(Bernaldo Gª Cendán/Xabier Méndez)
AXUNTADOS Á TÚA MESA,
CO TEU PAN NAS NOSAS MANS,
OFRENDÁMOSCHE OS ANCEIOS
QUE TEMOS DE SER IRMÁNS
De berces moi diferentes,
ata Ti vimos, Señor,
pra que xunte as nosas vidas
a forza do teu amor.
Os pobres e os pequenos,
os que están en soedade,
poidan encontrar aquí,
colleitas de humanidade.
Quen xime no esquecemento
e procura comprensión,
quen busca oídos que escoiten,
que os atope aquí, Señor.
Quen ve fuxi-la ledicia,
de sentir preto o amor,
quen non sabe de amistade,
sexa aquí feliz, Señor.