PIEDADE, SEÑOR
PIEDADE, SEÑOR
(Xosé Luis Reza)
- Que grande, Señor, é a túa piedade
que fas unha festa cando o pecador
se chega onda Ti e prega humilde:
piedade, Señor.
-Seguros, Señor, da inmensa bondade,
do amor que latexa no teu corazón,
Pregamos escoite-la nosa pregaria:
Cristo, ten piedade.
-Calquera, Señor, que queira amistade,
en Ti atopará o amigo mellor,
só ten que dicirche no fondo a alma:
Señor, ten piedade.