DEUS É MEU AMIGO

 
 
 
 
 

DEUS É MEU AMIGO

Canto para nenos

(Francisco Enríquez/Carlos Otero)

 

 

DEUS É MEU AMIGO, QUE DITOSO SON!

DEUS É MEU ALIADO, QUE DITOSO SON!

CANDO SUFRO OU CANSO, EL COMIGO ESTÁ!

CANDO VIVO ALEGRA, EL COMIGO VAI!

 


-Antes que o mundo existise, Deus me elixiu coma amigo.

Fixo comigo unha alianza e sinaloume o destino.

 

Deume un amor gratuito, quíxome sen merecelo.

Son para El o preferido. Que grande é o Deus do ceo.

 

 

El prometeu ampararme, defensor ser nos perigos,

ser meu consolo nas penas, o abeiro* no camiño.

 

El sanda as miñas feridas e sempre vai ó meu lado.

Sinto unha fonda ledicia véndome así agarimado.

 

 

 

- Eu son infiel á alianza, son un amigo baldeiro,

lonxe de Deus afasteime, lonxe do amor verdadeiro.

 

Deus, traizoado, perdoa; tende a súa man xenerosa,

fai unha nova alianza, endexamais nos  abandoa.

 

 

Ben sei que un día no Deo, Deus me dará un abrazo

e vivirei cabo DEL acollido nos seus brazos.

 

Soño coa festa da gloria, vivindo a alianza plena

cos homes todos xunguidos na amizade máis sincera.

 

 

 

 

 

 

*Lugar onde un se pode protexer contra os rigores                                        

do tempo, un perigo etc

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.