UNHA FAMILIA DE AMOR
UNHA FAMILIA DE AMOR
Oración dos nenos pola familia
(Isauro Gª Ramos)
XESÚS, AMIGO,
ESCÓITANOS POLA FAMILIA ESTA ORACIÓN.
UNHA FAMILIA DE AMOR QUEREMOS TER
COMO TIVECHES TI MESMO EN NAZARET.
UNHA FAMILIA DE AMOR QUEREMOS TER
COMO TIVECHES TI MESMO EN NAZARET.
- Dános pais que formen un fogar
onde vivan con fe e con ilusión.
Dános fillos que á beira dos seus pais
pasen facendo o ben sempre ós demais.
- Dános ollos que falen ó mirar
coa mirada que nace do amor.
Danos beizos que saiban pronunciar
que tan só do perdón nos vén a paz.
- Fainos nenos que aprendan a rezar
a Deus Pai que sempre está cos seus.
Danos pais que ensinena vivir
que amando os máis pequenos se ama a Deus.