MANXARES
MANXARES
(Carlos Otero Padín)
MANXARES QUE TRAIO PRA TI,
SON FROITO DA TERRA, SEÑOR,
PAN, VIÑA E QUENTURA, TAMÉN
O SANGUE DE VIDA E AMOR.
Espertar dun soño triunfal,
cantares e novas verbas vin,
collín anaquiños do teu corazón
para nunca alonxaime de Ti.
O teu Corpo no meu chorou,
o teu Sangue en min xermolará,
a túa Palabra unha nova anunciou
que o perdón para todos chegará.
Mira a nosa ofrenda, Señor,
é a mesma vida que nos dás.
As nosas angurias e a nosa ilusión
por amarte e ser contigo don.
Comeremos logo este Pan,
alimento para o noso amor.
Seremos a Igrexa, teu Corpo, Señor,
neste mundo sinal de comunión.