OS GOZOS E A ESPERANZA (m)
OS GOZOS E A ESPERANZA
(Afonso Novo)
Os gozos e a esperanza, a pena e a dor
dos homes deste mundo traémosche, Señor.(2)
-Con este pan dámosche a vida
saída das túas mans,
con este viño vai o sangue
e o loito dos irmáns;
os anceios dun pobo
que marcha cara a paz.
-Volve os teus ollos e esta ofrenda
traída ó teu altar,
fai que sexa para os crentes
a forza para amar
ás xentes que sen esperanza
e ledicia van.