GLORIA
GLORIA
(Xesús Portas Ferro)
GLORIA A DEUS NO CEO
E PAZ AO SEU POBO NA TERRA. (2)
Noso Señor, Deus, Rei do ceo.
Deus Pai todopoderoso.
Louvámoste, bendicímoste, adorámoste,
glorificámoste e dámosche gracias
pola túa inmensa gloria.
Señor, Fillo único, Xesucristo,
Señor Deus, Año de Deus, Fillo do Pai.
Ti que quíta-lo pecado do mundo.
TEN PIEDADE DE NÓS.
Ti que quíta-lo pecado do mundo.
ESCOITA A NOSA ORACIÓN.
Ti que estás á dereita do Pai.
TEN PIEDADE DE NÓS.
Porque Ti e-lo único Santo.
Ti o único Señor.
Ti o único Altísimo, Xesucristo.
CO ESPÍRITO SANTO NA GLORIA DE DEUS PAI. AMÉN.