BUSCO A PAZ
BUSCO A PAZ
(Música: Arturo Gulías - Letra: Milagros Villanueva)
1. En Ti vivo eu, Señor, en Ti a verdade está,
o camiño seguirei por onde irei acadar a paz.
A luz que me vén da fe as sombras me disipou,
quero chegar onda Ti para poder encontrar amor.
Señor, Señor, Ti e-la miña salvación, no teu colo,
meu Señor, eu busco a paz e o amor (2) .
2. En ti teño fe, Señor, e coido vivir así:
a Palabra me guiou e sei que Ti vivirás en min.
Á casa que o mesmo Pai ós fillos lles preparou
sei que Ti me levarás e alí terei paz e mais amor.