AGARDAMOS DO CEO (m)
AGARDAMOS DO CEO
(Xabier Méndez)
Agardamos do ceo un Salvador,
Xesucristo, o Señor;
e lediciosos coa esperanza, rezamos.
Ven, Señor ! Ven, Señor Xesús !
- Ceos, espallade a orballada.
Chovede, nubes, a xustiza.
Ábrase a terra e saia o Salvador.
- A nosa salvación está agora
mais preto de nós.
Vaise acabando a nosa noite !
- Acércase xa o día,
vestídevos de luz,
vestídevos de Cristo.