CEOS, CHOVEDE (m)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=nBRR-CZXGJE&feature=youtu.be
CEOS, CHOVEDE
(Xabier Méndez)
Ceos, chovede a vosa xustiza;
ábrete terra e fai xermolar ó Salvador.
- Oh, Señor, Pastor da Casa de Israel,
Ti que guías ó teu Pobo:
Vén nos rescatar, pola forza do teu brazo¡
Vén logo, Señor ! Vén Salvador !
- Oh, Sabedoría que saíches da boca do Pai
pregoada polos profetas:
Vén nos ensina-lo camiño da salvación
Vén logo, Señor ! Vén Salvador !
- Fillo de David, estandarte dos Pobos e dos Reis
por quen chama o mundo enteiro :
Vén nos libertar, Señor, non tardes xa !
Vén logo, Señor ! Vén Salvador !