CHEGOU NA NOITE (p)
CHEGOU NA NOITE
(Francisco Fdez. Glez.)
Chegou, chegou na noite a luz do día,
alumouno unha estrela, a Virxe María.
Ven, Deus meniño,
quérote encher a bicos meu rapaciño.
Ven, Deus Mesías,
ven sol dos meus ollos darnos a vida.
Chegou nun calar fondo o Verbo: a Fala,
e tróuxonos de abondo a súa graza.
Ven, Deus meniño ...
Soubo de tenras bágoas Deus, a Ledicia.
Sonche as pingas que o mancan, a nosa malicia.
Ven, Deus meniño, ...