DURME MENIÑO (p)
DURME MENIÑO
(Cristanto Fdez.)
Durme, Meniño, que o vento te arrola,
zoando nas fendas da cova.
Durme, Meniño, que Nosa Señora
abana o teu berce co ru-ru de pomba.
SOARON AS GAITAS, SOARON AS CORDAS,
CON LUCES E CORES E REVIRAVOLTAS.
SOARON AS GAITAS, SOARON AS CORDAS
CON FESTA NA TERRA QUE ÓS HOMES RENOVA.
Durme, Meniño, San Xosé te adora
no ceo repican a gloria.
O Neno chora, o Neno non dorme,
a terra e o ceo fan a festa nosa.