DÚRMETE, NENO BENDITO
DÚRMETE, NENO BENDITO
(Antón Fdez. León)
Dúrmete, Neno bendito,
dúrmete caraveliño,
que están os anxos á beira
do teu berce pequeniño.
Déixame encherte de bicos,
déixame darche unha aperta,
déixame cantar cos anxos
a paz que Ti traes á terra.
Durme estreliña do ceo,
pombiña dos meus amores,
que tamén te están gardando
Xosé e mailos pastores.
Dúrmete...