SEN AGARIMOS (m)
VÍDEO: www.youtube.com/watch?v=hD3Nf4lGjzA
SEN AGARIMOS
(Antón Fdez. León)
- Sen agarimos dos homes
naces, Xesús, cada día
en que nacen nenos orfos
que non teñen amor nesta vida.
- Neste día en que Ti naces,
soño non ver cadaleitos,
as armas que son para guerra
que se troquen enredos pros nenos.
Noiteboa, noite de Nadal.
Noite na que hai claridade.
Vinde, vinde que os anxos hanvos de anunciar:
“Gloria a Deus e ós homes de paz” (2)
- Tráioche esta ofrenda: Amores a tegas
da xente galega que está noutras terras.
Veño paseniño coa abada ben chea
de lembranzas súas desde terra allea.