VINDE A BELÉN
VINDE A BELÉN GALEGOS
(Carlos Hierro)
1.- Vinde a Belén galegos,
adorar ó Rei do Ceo,(bis)
que está deitado nun leito
de palliñas de centeo (bis).
Sigamos a estrela que nos ha levar
xunto do Meniño que está no portal.
Anque naceu pobre un Rei ha de ser,
pois de Deus é Fillo, Xesús noso Ben.
Ai, laralaralalai, ...
2.- Vinde, galeguiños, vinde
todos xuntos cara alá.(bis)
Axóuxeres e pandeiros
a cantarlle un alalá! (bis)
Sigamos a estrela que nos ha levar ...