CONFÍAN EN TI (m)
CONFÍAN EN TI
(Bernaldo Gª Cendán/Xabier Méndez)
- Os que non encontran verbas,
pra deciren o que senten,
só en Ti confían, Señor.
Só en Ti confían, Señor.
Traemos, Señor, a Ti
a voz dos nosos irmáns,
a voz de tódolos homes,
no clamor do noso canto,
que fala do seu vivir,
da ledicia e do seu pranto,
alumea a fe dos homes
que en Ti confían tanto.
- Os que sementan esforzos,
sen ver froitos de ledicia,
só en Ti confían, Señor.
- Os que buscan a verdade
neste mundo de mentiras,
só en Ti confían, Señor.