ESCÓITANOS, SEÑOR (m)
ESCÓITANOS, SEÑOR
(Xosé Ramón Estévez)
Escóitanos, Señor, perdoa as nosas culpas;
ten misericordia, somos pecadores.
Dáno-la túa gracia, dáno-lo perdón.
- Agora é o tempo da gracia,
agora é o día da salvación.
- Chegaron os días de penitencia:
expiémo-los nosos pecados,
expiémo-los nosos pecados
e salvarémo-las nosas almas.
- Tan certo como vivo, di o Señor,
eu non quero
a morte do pecador,
senón que se converta e viva.
- Recomendémonos a nós mesmos
pola nosa paciencia,
pola nosa austeridade
e polos anceios de ser bos.