ESPERAMOS REVIVIR (m)
ESPERAMOS REVIVIR
(Melodía catalá)
Estou berrando cabo de Ti,
Señor, o camiño perdín. (2)
- De ditos e pregóns a terra chea está,
que son mentiras sen razóns
e non palabras de verdade.
Estamos a perde-la nosa liberdade,
vendendo o noso corazón
para mercar seguridade.
- Ti fainos retornar ós camiños da paz.
A noite fainos recordar
a túa casa e o teu pan.
Ti, que e-lo Bo Pastor,
deixas todo o redil por unha ovella
que escapou e ainda espera revivir.