OH, BENIGNO CREADOR (m)
OH, BENIGNO CREADOR
(Xosé Ramón Estévez)
Oh, benigno Creador,
escoita as nosas pregarias
neste xexún da Coresma
con bagullas mesturadas. Amén.
Esculcador das conciencias,
ben sabes que somos febles:
do perdón, a túa gracia,
ós convertidos concede.
Dabondo temos pecado,
mais perdoa ós que o confesan:
e, para gloria do teu nome,
dailles menciña certeira.
Que a penitencia do corpo,
coa túa axuda, a alma limpe,
para que os corazóns deleixen,
da culpa o engado nocivo.