QUE BRILLE A PAZ (m)
QUE BRILLE A PAZ
(Bernaldo Gª Cendán/Xabier Méndez)
- Onde hai odios que separan,
onde reñen os irmáns,
onde os homes non se escoitan,
fai, Señor, brilla-la paz.
Fai, Señor, brilla-la paz!
- Onde non hai mans que collan
as outras mans estendidas;
onde xa non hai perdón,
pecha Ti esas feridas.
Pecha Ti esas feridas!
- Onde haxa homes que queren falar,
e non se comprenden,
onde queiran entenderse,
sexas Ti o que os achegue.
Sexas Ti os que os achegue!