ESCOITANDO A TÚA CHAMADA 

 

VÍDEO : www.youtube.com/watch?v=gY5hSX3VsNs

 

 

ESCOITANDO A TÚA CHAMADA

(Antón Fdez. León)

 

- Escoitando a túa chamada, emprendémo-lo camiño

que nos leva cara a Pascua do teu Fillo Xesucristo.

Cruzáremo-lo deserto, da túa man conducidos,

para atopa-la nova terra, que Ti nos tes prometido.

 

Ti vas conosco Señor, polo camiño,

animando a esperanza do teu pobo peregrino.

Ti vas conosco Señor, polo camiño,

coa luz da túa palabra, co teu pan e co teu viño

 

- Escoitando a túa chamada, aquí nos tes reunidos

para renova-la alianza que nos unirá contigo.

Selaremo-la promesa celebrando o sacrificio

coa entrega e coa ofrenda  do sangue de Xesucristo.

 

- Escoitando a túa chamada viñemos á fonte viva

para calmar na túa auga a sede de peregrinos.

Renacemos túa vida polas augas do Bautismo,

sepultados ó pecado, vivimos en Xesucristo.

 

- Escoitando a túa chamada que nos pide converternos

hoxe voltamos á casa, Paiciño Bo, arrepentidos.

Trocaremos esta vida de pecado e egoísmo

en vida chea de amor a todos irmáns unidos.

 

- Escoitando a túa chamada viñemos á túa luz

desde a nosa escuridade, coma o cego do camiño.

Ilumina os nosos pasos, vacilantes e sen tino

coa labarada da fe, que guía o noso destino.

 

- Escoitando a túa chamada, viñemos á túa vida

Ti, que chorache-la morte do teu amigo querido.

Ti que nos dis que quen cre resucitará contigo

e verá a Vida eterna, esa vida que es Ti mesmo.

 

 

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.