QUERO LOUVARTE, MEU DEUS (V)
VÍDEO : www.youtube.com/watch?v=eYvIzjcS_c4
QUERO LOUVARTE, MEU DEUS
(X.Portas Ferro)
QUERO LOUVARTE,MEU DEUS,
FONTE DA VIDA E DO AMOR
PORQUE CHE PROUGOU DOARME
O TEU MÁIS ÍNTIMO DON.
O teu Espírito Santo, foi lume que me queimou,
a luz que ben alumea o meu castelo interior.
El devolveume a saúde, e deume novo vigor,
para que en diante produza froitos de vida e amor.
O teu Espírito Santo ó meu espírito veu,
e dentro de min proclama que agora son fillo teu,
que teño a túa xustiza e que, guiado por El,
polas pegadas de Cristo o teu Reino acadaréi.
Co teu Espírito Santo non temeréi confesar
que só no nome de Cristo o ben dos homes está.
O teu Espírito Santo forzas de cote me ha dar,
para decir en voz alta que só El pode salvar.