UTOPÍA
UTOPÍA
Cando o día da paz xa renaza,
cando o sol da esperanza xa brille,
eu vou cantar !
Cando o pobo nas rúas sorría
e a roseira de novo floreza,
eu vou cantar !
VAI SER TAN BONITO
OÍ-LA CANCIÓN
CANTADA DE NOVO.
NO OLLAR DA XENTE
A CERTEZA DO IRMÁN,
REINADO DO POBO.
Cando as armas deixen de soar
e as mesas se enchan de pan,
eu vou cantar !
Cando os muros que cercan os xardíns
sexan parques, entón os xasmíns
van perfumar !