VÉN, ESPÍRITO SANTO
VEN, ESPÍRITU SANTO
(Larry Hogan-Jacobo Louzán-Xosé L. Pedrosa)
VEN, ESPÍRITO SANTO,
DÁNO-LO TEU AMOR.
VEN, ESPÍRITO SANTO,
DÁNO-LO TEU AMOR.
Ven, Espírito Divino,
manda a túa luz no ceo.
Pai amoroso do pobre,
Don, nos teus dons xeneroso;
luz que penetra nas almas,
fonte de todo consolo
Ven, hóspede desexado,
descanso do noso esforzo;
tregua no duro traballo,
brisa nas horas de afogo;
gozo que as bágoas enxuga
e reconforta na dor.
Entra ata o fondo da alma,
divina luz, e enriquécenos.
Mira o baleiro do home
se Ti lle faltas por dentro,
mira o que pode o pecado
cando falta o teu alento.
Reparte os teus sete dons
segundo a fe dos teus servos.
Segundo a túa bondade,
dálle ó esforzo o seu premio.
Salva a quen busca salvarse
e dáno-lo gozo eterno.