PAI, EU PÓÑOME NAS TÚAS MANS
PAI, EU PÓÑOME NAS TÚAS MANS
Oración de Charles de Foucauld
(Isauro García-Avelino Loureiro)
PAI, EU PÓÑOME NAS TÚAS MANS,
NAS TÚAS MANS.(2)
Eu póñome nas túas mans, fai de min o que Ti queiras,
sexa o que sexa, eu douche as grazas.
Estou disposto a todo, e acepto todo con tal que a túa vontade
se cumpra en min e en tódalas creaturas. Non desexo nada máis.
Confíocha a miña alma, doucha con todo o amor do que son capaz,
póñome nas túas mans, sen medida, cunha confianza infinita.