ADEUS, IRMÁN (m+V)
VÍDEO : www.youtube.com/watch?v=_mGiwQ_aHIM
ADEUS, IRMÁN
(Odilo Glez.)
Adeus irmán(á), que se abran os ceos.
Adeus irmán(á), que sexas feliz,
na despedida queremos cantarche:
que grande é Deus e chama por ti!
- Dende esta terra, que ti xa deixaches,
os nosos ollos bagoan por ti,
mais a esperanza de vernos un día
enxuga as bágoas do noso sufrir.
- Que Deus te acolla no Reino glorioso,
onde esperamos por sempre reinar,
que un día chegue pra, xuntos no ceo,
resucitados con Cristo gozar.
- Adeus irmán(á), que teñas acougo
nos brazos quentes de Deus noso Pai,
ficamos tristes mais xa confiados
que teñas parte no Reino da paz.