S.125 A TRISTURA NOSA XA ESMORECEU (m)
A TRISTURA NOSA (S.125)
(Xabier Méndez)
A tristura nosa xa esmoreceu;
trocóunola en ledicia o Señor, noso Deus,
cantémoslle ledos o noso aleluia,
pois El alonxounos a nosa amargura.
- Cando Deus puxo os ollos no seu pobo,
e puidemos voltar pra nosa terá,
a ledicia prendeu na nosa língua,
a nosa boca encheuse de ledicia
pois aquilo parecíanos un soño.
- Entón os que nos viran humillados,
tamén eles falaban polo baixo
do moito que o Señor nos axudara
pois El engrandeceunos ós seus fillos,
devolvéndolle a ledicia ás nosas almas.
- O Señor xa virou a nosa sorte
como se viran os pasteiros polo outono,
coas augas bulideiras dos regatos:
quen bota a semente chorando
logo canta na colleita do seu froito.
- O labrego cando vai pra a súa leira
coa semente que ten que esparecer,
vai calado matinando na súa sorte,
pro tórnase ben lendo a falangueiro
ó voltar co seu carro cheo de monllos.