S.46 BATEDE AS PALMAS, POBOS TODOS (m)
BATEDE AS MANS, POBOS TODOS (S.46)
(Xosé Ramón Estévez)
Batede as mans, pobos todos,
aclamade a Deus con leda voz.
- Porque o Señor é excelso, terrible,
rei grande sobre toda a terra.
Somete os pobos e as nacións baixo os pés.
Escolle pra nós o noso herdo,
gloria de Xacob a quen El ama.
- Sube Deus con xúbilo,
o Señor con voz de trompeta.
Salmeai a Deus, salmeaille.
Salmeai ó noso Rei, salmeaille.
- Porque Deus é o Rei de toda a terra,
tocádelle con sabencia;
reina Deus sobre as nacións,
séntase Deus no seu trono santo.