S.95 CANTÉMOSLLE TODOS A DEUS (m)
CANTÉMOSLLE TODOS A DEUS (S.95)
(Xabier Méndez)
Cantémoslle todos a Deus o aleluia,
pois El asentou o seu pobo na vida,
gobernándonos a todos con xustiza e con amor.
- Cantémoslle ó señor un novo cantar;
cantémoslle xuntos os pobos da terra,
aclamemos com ledicia o seu poder.
Pregoemos decote as súas victorias.
- Que coñezan todos a forza do seu brazo,
e que chegue a súa gloria a tódalas nacións,
porque o señor é un Deus omnipotente,
e con ninguén pode ter comparación.
- Vinde familias e razas do mundo.
Vinde aclama-lo Nome de Deus;
entrade nos adros do santuario
cargados coa ofrenda da vosa ilusión.
- Alégrese o ceo e brinque a terra,
que tódolos mares brúen con forza,
que batan as árbores as súas palmas,
pois que nos vén goberna-lo noso Deus.