S.117 ESTE É O DÍA GRANDE (m)
ESTE É O DÍA GRANDE (S.117)
(Xabier Méndez)
Este é o día grande que o Señor nos preparou,
este é o día da Pascua,
e debémoslle canta-lo noso aleluia,
ai lalelo, ai lalala, o Señor resucitou.
- Escoitade a canción de victoria
que sae agora da boca dos xustos:
A man do Señor é poderosa,
a man do Señor enforteceunos;
a man do Señor devolvéuno-la gloria.
- Que lle canten ó Señor os fillos de Israel:
“Como triunfa sempre a túa misericordia”;
que lle canten tamén os seus fieis
e tódolos homes de ben:
“Como triunfa sempre a túa misericordia”.
- Puxeran atrancos no noso camiño,
botáranse todos enriba de nós
como se fora un enxame de abellas;
pero nós desfixémonos de eles,
amparados na forza do brazo de Deus.
- Non hei de morrer: por sempre vivirei,
pra cantar as glorias do Señor.
Abrídeme as portas do triunfo;
pois quero entrar na casa do Señor,
e cantarlle alí a súa misericordia.