LOADE, SERVOS DO SEÑOR
LOADE, SERVOS DO SEÑOR
(Arturo Gulías/Milagros Villanueva)
LOADE, SERVOS DO SEÑOR,
LOADE O NOME DO SEÑOR.
ALELUIA! ALELUIA!
- Bendito sexa o nome do Señor
agora e por sempre
desde a saída do sol ao solpor,
loado sexa o nome do Señor.
- Sobre tódolos pobos é excelso o Señor,
sobre o ceo a súa gloria.
Quen coma o Señor, o noso Deus
que elevado no seu trono
mira o ceo e máis a terra?
- El ergue do pó aos indixentes,
levanta da varredura aos pobres
para darlles asento cos príncipes,
cos príncipes do seu pobo.