S.102 LOUVÉMO-LA INFINDA PIEDADE (m)
LOUVÉMO-LA INFINDA PIEDADE (S.102)
(Xabier Méndez)
Louvémo-la infinda piedade,
e a forza do noso Deus,
pois salvándonos da morte,
El nos deu a ledicia da vida.
- Glorifica a miña alma, ó teu Señor,
non te esquenzas do bem que El che fixo,
pois perdóache decote os teus pecados
alonxando da morte a túa vida,
e coroándote de gracia e de agarimo.
- O Señor sempre é xusto nas súas obras:
El defende os que están asoballados:
El ten pra nós entrañas de Pai,
non anda decote rosmando contra nós,
nin se encabuxa cando de El nos esquencemos.
- Como o Ceo se levanta sobre a terra,
como dista oriente do occidente,
moito máis alonxa El as nosas faltas,
pois El ben coñece a nosa feitura;
ben sabe El que nós de barro fomos feitos.
-Puxo El o seu trono no Ceo:
é o dono de todo o Universo:
que o louven as obras das súas mans,
pois todas son froito do seu amor;
ti, miña alma, glorifica ó teu Señor.