S.22 O SEÑOR É O MEU PASTOR (m)
O SEÑOR É O MEU PASTOR (S.22)
(Xoanxo González)
O Señor é o meu pastor, nada me falta.
Ós pastos verdescentes lévame a repousar. (2)
- Lévame a beber as augas tranquilas.
El repón as miñas forzas para sempre;
guíame por veredas rectas
por mor do seu nome.
- Se hei pasar vagoadas sombrizas,
ningún mal eu temería,
pois sempre Ti vas comigo:
o teu caxato é o meu sosego.
- Ti pos para min unha mesa nova,
a carón dos meus inimigos,
únxesme co teu perfume,
a miña copa reborda.
- A túa bondade e o teu amor
van seguindo tódolos meus días.
Eu habitarei na túa casa
ó longo dos meus días.