S.50 RECOÑEZO CON VERGONZA -Miserere (m)
RECOÑEZO CON VERGONZA (S.50)
(Xabier Méndez)
Recoñezo con vergonza a miña culpa,
noite e día teño diante o meu pecado:
só a Ti, meu Creador, eu ofendín,
merecía con dureza ser xulgado.
- Misericordia eu imploro, meu Deus,
pois coñezo a túa infinda piedade;
arríncame, Señor, a miña culpa,
escorrenta de min o meu pecado.
- Dáme, meu Deus, un corazón ben limpo,
coa túa forza sanda Ti o meu espírito;
non me alonxes para sempre da túa casa,
non me deixes orfo e desvalido.
- Devólveme a ledicia de sentirme o teu amigo
dáme alento para facerme xeneroso:
mostrareille os teus camiños inicuos
para que onda Ti volten os pecadores.
- Sóltame, meu Deus, a miña lingua pecadenta
para que eu volva a cantarche a Ti louvanzas:
pois non queres sacrificios nin holocaustos,
aquí tes un corazón todo cheo de humildanza.