S.147 QUEN COME ESTE PAN
QUEN COME ESTE PAN
(Xesús Portas Ferro-Isauro García)
QUEN COME ESTE PAN
VIVIRÁ PARA SEMPRE.
Glorifica ao Señor Xerusalén,
loa Sión o teu Deus
que reforza os cerrollos das túas portas
e bendí os teu fillos no seu seo.
El establece paz nos teus confíns,
é El quen te farta con flor de trigo.
El mándalle á terra a súa mensaxe
e a súa palabra corre lixeira.
Anuncia a súa palabra a Xacob
os seus estatutos e mandatos a Israel.
Non fixo así con outros pobos,
non lles manifestou os seus mandatos.