Libro de visitas
Re: Graciñas por contestar
Nuria | 07.05.2012
Non quería meterte nun compromiso. Hai moita xente que sube a youtube os cantos das misas parroquiais, a eso me refería, de feito eu estou recollendo cancións en portugués deste xeito e non creo que haxa problema ningún.
De todas formas, grazas por intentalo.
Graciñas por contestar
Carlos Platas Seixas | 07.03.2012
Graciñas por contestar tan amablemente. Para gravar, habería que contar coa autorización de moita xente, habitualmente renuente, e ademais está a complicación actual da protección de datos.
Un saúdo moi cordial, graciñas por estardes aí. Un bico.
Re: Felicidades por esta xoia
Nuria | 20.02.2012
Alégrame que vos sirva, a ver se vos animades a gravar as vosas misas e así aumentamos os vídeos, que andan moi escasos (son moi necesarios para os que só saben acompañar con guitarras e non len partituras).
Felicidades por esta xoia
Carlos Platas Seixas | 16.02.2012
Ola. Descubrín esta páxina da man Olga López Míguez e é unha grande axuda, porque nós temos tódolos domingos dúas misas en galego e cómpre todo o material posto aquí para os ensaios musicais. A ver se conseguimos máis misas en galego. Unha aperta moi grande.
Re: Parabéns !
Nuria | 01.02.2012
Gracias a ti polo ánimo. Seguimos traballando, inda que nos faltan mans...
Parabéns !
Xabi Jáuregui | 25.01.2012
Graciñas polo voso desprendido ofrecemento!
É un traballo necesario que seguro irá dando os seus froitos...
GRACIÑAS!
Re: saludos
Nuria | 01.02.2012
Niso estamos, oxalá sexamos de verdade instrumentos. Unha aperta forte.
saludos
unaovejita | 03.12.2011
cada web cristiana es como entrar en casa de amigos...gracias por transmitir , gracias por ser instrumentos de Dios ....flavia
Re: Parabéns
Nuria | 01.02.2012
Nada podería facerse sen a túa axuda, parabéns a ti tamén.
Parabéns
Xosé Fco. Reboiras | 14.11.2011
Magnífico e voluminoso traballo de divulgación de cantos en lingua galega para o servizo litúrxico dominical.
Parabéns a Nuria