Cada día diremos que si (a)

 

 

CADA DÍA DIREMOS QUE SI

(Kairoi/Adapt. Nuria M.Núñez)

 

Hai que dar un si cada día,

en cada ocasión,cada paso.

Hai que dar un si e arriscarnos,                                 

en cada ocasión,cada paso.

 

CADA DÍA DIREMOS QUE SÍ,

CADA PASO DIREMOS QUE SÍ                     

Ó SEÑOR(2)

 

-Abriremos novos camiños,

outros seguirán as pegadas.

Faranse verdade os teus soños,

vivindo unha fe sempre nova.

 

------------------------------------------------------------------------------------------------

CADA DÍA DIREMOS QUE SI

si                       LA        RE   si           LA                SOL  si

Hai que dar un si cada día,en cada ocasión,cada paso.

                          LA            RE      fa·#                       si

Hai que dar un si e arriscarnos,en cada ocasión,cada paso

 

          SOL                         RE           

CADA DÍA DIREMOS QUE SÍ,

SOL                                           RE        LA

CADA PASO DIREMOS QUE SÍ Ó SEÑOR

            SOL                       RE               

CADA DÍA DIREMOS QUE SÍ,

SOL                              RE               MI    fa#

CADA PASO DIREMOS QUE SÍ Ó SEÑOR

 

-Abriremos novos camiños,outros seguirán as pegadas.

Faranse verdade os teus soños,vivindo unha fe sempre nova

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.