Sodes semente (a)

 

 

SODES SEMENTE

(Adapt. Nuria M.Núñez)

 

-Sodes semente que ha de crecer,

unha estrela que ha de brillar.

Sodes fermento, unha presa de sal,

un facho que debe alumear.

Unha mañán que volveu a nacer,

unha espiga que empeza a granar,

un aguillón e caricia á vez,

amigos que vou enviar.

 

IDE, AMIGOS, POLO MUNDO

ANUNCIANDO O AMOR,

MENSAXEIROS DA VIDA,

DA TÚA PAZ  E PERDÓN.

SEDE, AMIGOS,TESTEMUÑA

DA NOVA RESURRECCIÓN

LEVANDO A MIÑA PRESENZA, 

CON VOSOUTROS ESTOU!

 

- Sodes o lume que ha de acender

resplandores de fe e caridá.

Novos pastores que han de guiar

ó mundo por sendas de paz.

Sodes amigos que eu quixen ter,

a palabra que intento gritar.

Un Reino Novo que empeza a enxendrar

xustiza, amor e verdá.

 

- Sodes o lume que pode quentar,

sodes  onda que bate no mar.

A levadura pequena, xa ves,

fermenta a masa do pan.

Unha cidá non se pode esconder,

nin os montes se han de ocultar.

Nas vosas obras que buscan o ben,

os homes ó Padre verán.

 

-----------------------------------------------------------------------------

SODES SEMENTE

RE                  LA7        si                           

-Sodes semente que ha de crecer,

mi                         LA7                 RE                  LA7         

unha estrela que ha de brillar. Sodes fermento,

si             SOL        RE            LA7            RE

unha presa de sal, un facho que debe alumear,

               LA7               si                        

unha mañán que volveu a nacer,

mi                                 LA7

unha espiga que empeza a granar,

RE            LA7     si       SOL       RE          LA7       RE

un aguillón e caricia á vez, amigos que vou enviar.

 

LA7                     RE                   SOL                      RE

IDE, AMIGOS, POLO MUNDO ANUNCIANDO O AMOR,

mi                             si          LA7                    RE

MENSAXEIROS DA VIDA, DA TÚA PAZ  E PERDÓN.

LA7                       RE                   SOL                    RE

SEDE, AMIGOS,TESTEMUÑA DA NOVA RESURRECCIÓN

mi                               si                

LEVANDO A MIÑA PRESENZA,

LA7                          RE

CON VOSOUTROS ESTOU!

 

- Sodes o lume que ha de acender

resplandores de fe e caridá.

Novos pastores que han de guiar

ó mundo por sendas de paz.

Sodes amigos que eu quixen ter,

a palabra que intento gritar.

Un Reino Novo que empeza a enxendrar

xustiza, amor e verdá.

 

- Sodes o lume que pode quentar,

sodes  onda que bate no mar.

A levadura pequena, xa ves,

fermenta a masa do pan.

Unha cidá non se pode esconder,

nin os montes se han de ocultar.

Nas vosas obras que buscan o ben,

os homes ó Padre verán.

 

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.