É o meu corpo (A)

 

 

 

É O MEU CORPO

 

 

É o meu corpo, tomade e bebede.

É o meu Sangue, tomade e bebede.

Porque eu son a vida, eu son o amor

Oh, Señor, fainos vivir no Teu amor.

 

O Señor nos vén salvar e nos vén tornar irmáns.

Como os homes máis humildes traballou coas súas mans.

É o fillo dun carpinteiro, todo o día a traballar.

El so vive cada día para amar.

 

Como a luz que vén da altura, o Señor nos vén salvar

por camiños de xustiza ensinounos camiñar.

Cando estamos reunidos e partímo-lo seu pan

El nos dá o seu amor, é o noso irmán.

 

Como o Señor nos amou, xamais ninguén pode amar.

O seu amor é tan grande, que na Cruz nos viu salvar.

O seu amor é tan forte que da súa morte triunfou

Do Seu túmulo o Señor resucitou.

 

O Señor nos vén salvar e nos vén tornar irmáns.

O seu grande amor e vida, fan ós homens ser cristáns.

Quen no mundo quere amar é xa parte do Señor,

nada o pode separar do Seu amor.

 

Gloria ao Pai que nos creou, Gloria ao Fillo Redentor.

Gloria ao Espírito da vida que nos dá o Seu amor.

Unidos por este Pan que o Señor transformou,

demos gracias ao Señor que nos salvou.

 

----------------------------------------------------------------------------------

 

 

É o meu Corpo

 

MI                        LA            MI

É o meu corpo, tomade e bebede.

                           LA             SI7

É o meu Sangue, tomade e bebede.

                      MI                  LA               MI

Porque Eu son a vida, Eu son o amor

                            SI7                                 MI

Oh, Señor, fainos vivir no Teu amor.

 

 

 

 

MI                  do#       LA7        MI

O Señor nos vén salvar e nos vén tornar irmáns.

                      do#            SI7

Como os homes máis humildes traballou coas súas mans.

MI          do#           LA         MI    

É o fillo dun carpinteiro, todo o día a traballar.

             SI7            MI LA MI

El so vive cada día para amar.

 

Como a luz que vén da altura, o Señor nos vén salvar

por camiños de xustiza ensinounos camiñar.

Cando estamos reunidos e partímo-lo seu pan

El nos dá o seu amor, é o noso irmán.

 

Como o Señor nos amou, xamais ninguén pode amar.

O seu amor é tan grande, que na Cruz nos viu salvar.

O seu amor é tan forte que da súa morte triunfou

Do Seu túmulo o Señor resucitou.

 

O Señor nos vén salvar e nos vén tornar irmáns.

O seu grande amor e vida, fan ós homens ser cristáns.

Quen no mundo quere amar é xa parte do Señor,

nada o pode separar do Seu amor.

 

Gloria ao Pai que nos creou, Gloria ao Fillo Redentor.

Gloria ao Espírito da vida que nos dá o Seu amor.

Unidos por este Pan que o Señor transformou,

demos gracias ao Señor que nos salvou.

 

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.