Onda Ti, noso Pai (m+a)
Vídeo: www.youtube.com/watch?v=3FSbz-kEtDg
ONDA TI, NOSO PAI
(Espiritual negro)
-Onda Ti, noso Pai á tardiña,
onda Ti que nos levas da man
axuntámonos para agradecerche
a ledicia do día que cae.
-Como van co pastor as ovellas
á tardiña durmir ó redil
cando a noite cae sobor do mundo
nas túas mans nós deixámonos ir.
-Como van coa galiña os pitiños
cando á tarde se vai indo o sol
á calor das túas ás quentiñas
na túa paz nos acollas, Señor.
-As estrelas e a lúa benzoan
o teu nome en silencio e en paz
e as tebras da noite pregoan
moi quediño o fogar de mañá.
-O universo adormece rendido
nos teus brazos que o gardan do mal
na túa paz nos durmimos tranquilos.
Boas noites, Pai, deica mañán.
- Onda Ti achegámonos cansos,
do traballo do día, Señor;
o traballo que vai construíndo
nesta terra a cidade do amor.
XOVES SANTO:
Nesta tarde de gloria e de festa,
recordamos ó amigo Xesús,
na súa cea cos seus compañeiros,
pouco antes de morrer por nós.
Cos seus feitos, coas súas palabras,
ensinounos a todos Xesús,
que servindo e amando ós veciños,
faise aquí a vontade de Deus.
DÍA DE PASCUA:
Baixo a luz deste día glorioso,
onda Ti vimos xuntos, Señor,
a pedir polos pobres que sofren,
polos orfos de pan e de amor.
Que a túa man farturenta derrame,
sobre as brasas da fera dolor,
auga santa que apague as fogueiras,
da inxustiza na terra, Señor.
-----------------------------------------------------------------------
ONDA TI
RE si SOL RE
-Onda Ti, noso Pai á tardiña,
fa# LA
onda Ti que nos levas da man
RE +7 SOL
axuntámos para agradecerche
RE LA RE
a ledicia do día que cae.
-Como van co pastor as ovellas
á tardiña durmir ó redil
cando a noite cae sobor do mundo
nas túas mans nos deixámonos ir.
-Como van coa galiña os pitiños
cando á tarde se vai indo o sol
á calor das túas alas quentiñas
na túa paz nos acollas, Señor.
-As estrelas e a lúa benzoan
o teu nome en silencio e en paz
e as tebras da noite pregoan
moi quediño o fogar de mañá.
-O universo adormece rendido
nos teus brazos que o gardan do mal
na túa paz nos durmimos tranquilos.
Boas noites, Pai, deica mañán.