Os peixiños no río
OS PEIXIÑOS NO RÍO
(Canta: Ana Kiro)
-A Virxe peina que peina
os seus cabelos no río
e os anxeliños cantando
están durmindo o Neniño.
Pero mira como beben
os peixiños no río,
pero mira como beben
por ver a Dios nacido;
beben, e beben
e volven a beber
os peixiños no río
por ver a Dios nacer.
-A Virxe lava que lava
toda a roupiña do neno
e mentres canta baixiño,
Neniño canto te quero.
-A Virxe está chorando
polo Neniño durmido,
se ti souberas meu ben
o que has sufrir coitadiño.