O Espírito de Deus

 
 
 
 
 

O ESPÍRITO DE DEUS

(J.A.Espinosa/Xesús Portas Ferro)

 


O Espírito de Deus encheu a terra.

O Espírito de Deus pousa nos mares.

O Espírito de Deus inunda o ceo.

O Espírito de Deus sopra nos vales.

O Espírito de Deus está connosco

aliviando co amor os nosos males.

 

 

DEUS ESTÁ NOS CUMES.

DEUS ESTÁ NOS VALES.

DEUS ESTÁ NA CHOIVA.

DEUS ESTÁ NAS AVES.

DEUS ESTÁ NA LUZ.

DEUS ESTÁ NO AIRE.

DEUS ESTÁ NA PEL.

DEUS ESTÁ NA CARNE.

 

Deus está na alma porque a alma sabe

que Deus é amigo e que Deus é Pai.

QUE DEUS É AMIGO E QUE DEUS É PAI.

 

 

O Espírito de Deus está nos nenos,

nos sinxelos e nos cheos de humildade.

O Espírito de Deus vive nos pobres

porque só a pobreza nos fai grandes.

O Espírito de Deus está en aqueles

que o aman en espírito e verdade.

 

 

O Espírito de Deus está en aqueles

que reclaman a xustiza con coraxe.

 O Espírito de Deus mora na xente

 que ve signos do Señor por todas partes.

O Espírito de Deus decote habitanos

que escoitan as chamadas da Mensaxe.

 

Contacto

Nosanaicinhadoceo

PARA PEDIR PARTITURAS OU O QUE SE NECESITE, ESTE É O MAIL DE CONTACTO. ESTAMOS PARA AXUDAR.

UNHA PETICIÓN

Moitas veces os grupos e parroquias recollen nos seus cancioneiros a música que van aprendendo e recollendo de diferentes fontes. Moitas destas cancións, por unha ou outra razón, van perdendo a autoría o que é unha verdadeira mágoa. Disfrutamos dos cantos, pero non dos autores, e xa que con esto da música non é fácil que a xente gañe cartos (si, os músicos tamén comen) e moito menos se é música relixiosa e, por riba, en galego; polo menos desde aquí queremos que os seus esforzos e o seu traballo queden recoñecidos.

Non é por falta de interés que algúns destes autores non aparezan nos cantos, xa que intentamos buscar e preguntar por diferentes medios. Tampouco é fácil conectar cos autores da nosa música, nin no facebook (supoñemos que moitos deles non están sequera conectados).

É por iso que queremos facer unha petición ós autores, ós seus grupos, ós seus familiares... que se poñan en contacto con nós para indicarnos os cantos dos que sabedes, de seguro o autor. Hai varios nos que aparecen o grupo que cantou os seus cantos ou simplemente aparece como "popular", ... precisamente para eses pedimos a vosa colaboración e que ninguén se sinta ofendido por non ver o seu nome.

Por outra banda, queremos deixar claro que nesta páxina non gañamos nin un peso coa música que aquí aparece; para nós este é o noso cancioneiro e a nosa parroquia toda Galicia, e con todos queremos compartir. O noso labor só é divulgativo... porque ese é o valor principal da Igrexa na que cremos, a solidariedade, compartir o que temos e o que somos.

Inda así sabemos que hai xente que non é partidario deste labor, polo que, se alguén non quere compartir con nós a súa música, retiraremos as súas composicións desta web se así o pedise.

Graciñas a todos.