PAZ
O sacerdote fai unha oración pedindo a unidade e a PAZ, entón invita á asamblea a expresar esa necesidade da caridade fraterna a través dun signo externo; esta expresión da unión entre irmáns é un signo litúrxico, por iso non é necesario saudar a todos. Debemos facer este xesto con entrega, facéndonos conscientes da unión en Cristo polo Espírito, non é simplemente unir as mans, é unha unión de corazóns.
Este xesto pódese omitir a criterio do sacerdote.