AS PEGADAS DO SEÑOR
AS PEGADAS DO SEÑOR
(Carlos Otero Padín)
SEÑOR, AQUÍ ESTOU, PRETO DE TI.
QUIXERA DICIRCHE TANTAS COUSAS.
ENSÍNAME A ESCOITAR A TÚA PALABRA,
POIS ELA DÁME A VIDA E ALUMA O MEU CAMIÑO
PARA SEGUIRTE E ACERTAR COAS TÚAS PEGADAS.
Cada noite brillan as estrelas, cada día aluma un novo sol.
Ti estás presente na vida, Ti es o camiño para o amor.
Déixame, Señor, vivir contigo; lévame da man ó camiñar.
Sé Ti a fonte en que eu beba e tamén o Viño e mailo Pan.