RECIBIDE O SANTO ESPÍRITO
RECIBIDE O SANTO ESPÍRITO
(Himno de Laudes/Francisco M. Fernández)
RECIBIDE O SANTO ESPÍRITO,
ALENTO DO PAI E DO FILLO.
QUE EL VOS ENCHA DE FORZA E DE VIDA
PARA SER SEMPRE BOA NOTICIA.
Para abrirdes portas pechadas polo medo,
para que estouren fontes no ríspido penedo.
Para ser un só corpo con toda a humanidade
que está xemendo en parto de amor e de unidade.
Para entender as falas que Deus dá a cotío,
desde o falar dos pobres, clamoroso ou vacío.
Para saciar a sede de paz e harmonía,
para que medre en todos o gozo de María.
Para aledar o mundo con Cristo Rexurdido,
en Cristo perdoado: Xa sempre benquerido!
Abenzoados sexan o Pai e mailo Fillo
por séculos eternos, e con eles o Espírito.