VEÑO TRAERCHE, SEÑOR
VEÑO TRAERCHE, SEÑOR
(Antón Fdez. León)
Veño traerche, Señor,
nun ramo as horas do día,
unha breve eucaristía,
unha cantiga de amor
e coma incenso unha flor.
E pídoche Deus, amigo,
abeirarme ó teu abrigo,
durmir no teu corazón
e que o meu, en oración,
vele esta noite contigo.
QUE POIDA O CORAZÓN SOÑAR CONTIGO
MENTRES TI ME ALOUMIÑAS, MEU DEUS AMIGO.
E CANDO VOLVA A LUZ POLA ALBORADA
QUE ALUME A MIÑA FE TODA A XORNADA. (2)