CRISTO É QUEN CONVIDA
CRISTO É QUEN CONVIDA
(Antón Fdez. León)
VINDE A EUCARISTÍA PARA COMULGAR,
CRISTO É QUEN CONVIDA, POR NÓS FEITO PAN,
CRISTO É QUEN CONVIDA, POR NÓS FEITO PAN.
Pan que vén do ceo para nos manter.
Pan que é pan de vida para non morrer.
Pan que nos converte en sinal de unión.
Pan que ó repartilo multiplica amor.
Pan que a quen o come o converte en pan
para que se entregue sen medo ós irmáns.
Pan que non devece canto máis se dá.
Pan que Xesucristo ofrece no altar.