DÁNO-LA TÚA VIDA
DÁNO-LA TÚA VIDA
( J.A. Espinosa/Adapt.Xesús Portas Ferro)
Unidos moitos grans nun pan enteiro
iremos aprendendo a se-la unida
Cidade que Deus quere, o pobo inmenso
dos fillos convocados para a vida.
DÁNO-LA TÚA VIDA, DÁNO-LO TEU AMOR. (2)
Premidas moitas uvas nun só viño,
serémo-la bebida que degoran
os pobres, os privados de agarimo,
aqueles que ó final han de ir as vodas.
O pan de que carecen por nós chama;
o viño que lles falta nos convida
a sermos por Ti, Cristo, fiel palabra,
o viño e mailo pan de cada día.
Unidos ó facer de Ti memoria
co xesto dunhas mans que deitan vida;
o Reino vai entrando xa na historia:
Fraterna e subversiva Eucaristía!